comuniones
bautizos
albumes personales
vodas
fotos celebraciones
retratos
reportajes
prebodas y postbodas
reportaxes comunions

       Son Eva Veiga, fotógrafa social, que vive e traballa na provincia de Lugo, pero que lle gusta tanto viaxar que non ten problema en desprazarse a calquera parte de Galicia, España, ou do mundo, para realizar unha sesión.

       Dende nena teño un vínculo especial e moi persoal coa arte, e en especial coa fotografía. Isto levoume a estudar Belas Artes, para aprender aspectos máis teóricos, técnicos e artísticos, máis aló dos prácticos que desenvolvín sempre como autodidacta. Terminado o grado matriculeime no mestrado de Dirección de Arte, onde me especialicei en deseño gráfico e me interesei cada vez máis pola fotografía social e publicitaria, para finalmente, facerme tamén co título de técnica superior de artes plásticas e deseño en fotografía.

       Chegados a este punto, decidín emprender e dedicarme ó que sempre quixen, fotografía e deseño gráfico. Quizá sexa a combinación das dúas materias, o percorrido artístico que arrastro, ou simplemente a miña personalidade, o que lle aporta unha mirada diferencial ó tempo que inmortalizo. Sexa cal sexa o factor distintivo, o común é a súa memoria. Contar con recordos é un aspecto moi significativo para poder revivir momentos importantes da vida. Facelo da forma máis persoal e natural posible é un dos meus principais obxectivos, pero que desfrutedes do momento, da cámara e da fotógrafa, é o primario.

       Conseguir un bo resultado é tan fácil como sacar o mellor de cada un, e para iso… só vos fai falta ensinarme o que sodes e como vos sentides.

 

ler máis→
eviña

FORMULARIO DE CONTACTO

© Eva Veiga 2024 Tódolos dereitos reservados.